Wednesday 15 de May de 2024

O Concello comeza a organizar as actividades do Nadal 2023/2024


O alcalde de Ribeira, e os edís Vicente Mariño, Antía Alberte e Francisco Suárez-Puerta mantiveron onte unha reunión con 21 entidades de Ribeira co obxectivo de planificar e organizar actividades para o Nadal.

O encontro reuniu a representantes de varias asociacións culturais que desempeñan un papel vital na preservación e promoción de tradicións e valores culturais. Durante o encontro, discutíronse varias propostas para as actividades do Nadal.

A colaboración entre o Concello e as asociacións culturais é fundamental para garantir que estas actividades sexan representativas da comunidade e que contribúan a crear un ambiente festivo e enriquecedor para toda a veciñanza” explicou a concelleira de cultura Antía Alberte.